xoves, 31 de marzo de 2016

COMO FACER FLORES CON FROITA

          MANEIRAS DIVERTIDAS DE COMER FROITA

                     Como facer flores con froita

Dificultade: Fácil

Utensilios:

Un cortador de galletas con forma de flor

Unha culler sacabocados

Un coitelo

Unha táboa

Paus longos de madeira

Froitas: sandía, piña e uvas.

Preparación:

1.Para empezar lava a piña , a continuación cortaa en rodas sin ser moi finas nin tampouco moi gordas .Co cortador de galletas fai a forma da flor tantas veces como flores queiras facer.

2.Corta un trozo de sandia e coa culler sacabocados colle tantos círculos como flores de piña.

3.Nos pauciños de madeira vai metendo as uvas  .Cando falte pouco para encher o pau,  mete a forma da flor de piña e por último o círculo de sandía.

¡XA ESTÁ! Agora tócache a ti. Sé creativo e decora as túas delicias de flores.

Para darche ideas podes ver as seguintes imaxes.







2 comentarios:

Silvia Rodríguez Dorribo dixo...

Que bonito Elisa! Poderíamos facelo un día na clase.

Anónimo dixo...

Moi orixinais, teñen unha pinta boísima.

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.