Amosando publicacións coa etiqueta Receitas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Receitas. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de maio de 2016

XEADO DE FROITA

heladosXEADOS DE FROITAS

     INGREDIENTES
  • Froita variada 
  • Auga
  • Molde de polos


        PREPARACIÓN
    1. Mesturamos anacos de froitas en auga. (sen bater)
    2.  Collemos os moldes de polos e poñemos a mestura nos moldes.
    3. Metémolos no conxelador unha hora o dúas.
                       E POR ÚLTIMO A COMER!!!!!!!



    sábado, 7 de maio de 2016

    "CUPCAKES" DE SANDÍA

    Estes "cupcakes" son moi, pero que moi lixeiros e fresquiños.
    Os pasos son os seguintes:         
    1.Primeiro corta a sandía en rodas grosas e utiliza un molde de galletas redondo para facer círculos. 

    2.Despois, fai un burato nun dos lados cun vaciador e éncheo de crema de queixo de cabra utilizando unha manga pasteleira (se o desexas, podes alixeirar a crema de queixo con leite). 
    3.Finalmente, coloca unha roda de pepino para decorar.

    Nota:podemos chamar a esta receita "cunquiñas de sandía" utilizando o termo "cunca", como recipiente cóncavo en vez de "cupcakes".

    xoves, 5 de maio de 2016

    BATIDO DE FROITOS VERMELLOS

    Batido de froitos vermellos 
    Ingredientes: 
    1 taza de amorodos.
    1 taza de framboesas.
    1 taza de arandos.
    1 taza de leite.
    Opcional: cullerada de mel.

    Preparación :
    Lavamos moi ben toda a froita. Cortamos os amorodos en 2 ou 3 partes. Engadimos todos os nosos ingredientes na batidora e batimos á máxima velocidade ata que consigamos unha consistencia cremosa. Xa está listo!!! Este batido é antioxidante é moi refrescante para o verán. Recoméndovolo moito!!!

    martes, 26 de abril de 2016

     CREMA CON FROITA DO DRAGÓN


    Ingredientes: 
    ½ cunca de polpa de froita do dragón
    ½ cunca de azúcre
    ½ cunca de auga
    2 claras de ovo
    1 chisco de cremor tártaro
    1 cunca de nata para montar
    ½ limón.



    Preparación:
    Comezamos facendo un almíbre coa auga e o azucre nun cazo ao lume.
    Batemos as claras a punto de neve co crémor tártaro e ímoslle engadindo, aos poucos, o almíbre. Batemos ata que quede unha especie de merengue. Pasamos a polpa da froita do dragón pola batidora xunto con dúas culleradas do xugo do medio limón.
    Agregamos esta mestura ao merengue. Por último engadimos a nata montada previamente. Vertemos nos moldes e deixamos na neveira unhas 4 horas.
    Listo!!!!!! Está exquisito!!


    Consellos:
    Acompaña esta crema cunhas framboesas. O contraste de sabores será exquisito.

    mércores, 16 de marzo de 2016

    Que rica que está a froita!!! Podes comela de moitas maneiras, fixádevos!

    Feito por Elena Sampedro Casrtro