Amosando publicacións coa etiqueta Froitacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Froitacontos. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xuño de 2016

Os nenos de segundo regálannos un conto


Recibimos un agasallo dos nosos/as afillados/as de 2º. Enviáronnos esta nota:

Estimados madriñas e padriños:

Despois da vosa amable colaboración quisemos facervos un novo agasallo no noso conto. Estamos moi contentos/as dos nosos padriños e madriñas  así que esperamos que vos guste a nosa pequena sorpresa!
                                                               Un saúdo
                                                                  Os/as vos@s afillad@s​​

Se queredes ver o conto premede no título       LEMÓN LIMÓN




venres, 29 de abril de 2016

LOLIÑA E AS FROITAS

Ola, aquí temos con nós a nosa amiguiña Loliña disposta a contarvos unha divertida historia.

A Loliña só lle gusta a froita, está todo o día a comer froita. Un día come plátano, outro día mandarina ,come de todo tipo de froitas. Todos os días vai coller froita ao supermercado, pero un día pensou que se plantara unhas árbores de froiteiras non tería que ir todos os días ao supermercado e sería moi divertido coller a froita da árbore. Entón decidiu ir comprar sementes para plantar. Cando acabou de plantar as árbores ,Loliña botou auga ás árbores e ao seguinte día foi a mirar que tal estaban as árbores e xa creceran moitísimo. Loliña colleu as froitas e zampounas e comprobou que estaban máis ricas cás do supermercado. Loliña afeccionouse a plantar árbores. Que divertido eh!?, dixo a abelliña. Seguirei disposta a plantar todas as árbores e o meu xardín será o mellor, con moito alimento e todos os animais quererán vir á miña horta.

Loliña tamén pensou que era xenial estar rodeada de froita rica e brillante. Loliña pensou que se facía unha froitaría na súa casa sería moito mellor porque Loliña ten moitos veciños cos que vai a froitaría todos os días entón así non terían que ir todos a froitaría. Loliña pensou moito e un día foi a comprar bolsas para a súa tenda e tamén cestos e comprou botes de cristal por que tamén ía vender zume de piña, laranxa... E...ata aquí chega o superconto de Loliña.
A froitaría de Loliña. A ver si sabedes todos os nomes das froitas que nela aparecen.
AUTORA: CELIA TEIRA CHOUZA

venres, 22 de abril de 2016

A ABELLIÑA LOLIÑA E OS SEUS NOVOS AMIGOS

A abelliña Loliña e os seus novos amigos


Había unha vez unha abella que tivo abelliñas bebés. A unha delas chamouna Loliña, a outra Rosiña e a outra Pepiña. As tres abelliñas xogaban xuntas todos os días. Pasábano xenial.
Foi pasando o tempo e as abelliñas foron crecendo ata que chegou o día no que xa tiñan que voar. A todas lles daba moita pena deixar á súa nai e irse soas a voar. As dúas irmás de Loliña botáronse a voar con rapidez pero con pena. Loliña en cambio non quería voar.
-Teño moito medo a voar soa, mamá.- choromicaba a abelliña Loliña.
-Non hai nada que temer Loliña.- consolábaa a súa nai.
-Se me perdo ou me ocorre algo non sabrei que facer.- dicía Loliña.
-De todo aprenderás e seguro que fas novos amigos.- convencíaa súa nai.
-Bueno, saldrei a voar, mamá.- dicía (non moi segura) Loliña.
Entón a abelliña Loliña comezou a voar. Foise entre as árbores, entre as flores, entre os paxaros… Pero ela seguía bastante preocupada. Fíxose de noite e como estaba soa quedouse nunha flor a durmir.
Ao día seguinte a abelliña Loliña estaba convencida de que quería marchar pra súa casa.
Polo camiño alguén lle falou e Loliña quedou quieta.
-Ola, como te chamas?-dixo unha voz extraña.
-Chámome Loliña e ti quen es?- preguntou Loliña.
-Son o limón Ramón.- contestou o limón.
-Non che coñezo así que voume.- dixo a abelliña Loliña.
-Non te vaias, vinche ahí soa e quixen que tiveras un amigo.- dixo o limón Ramón.
-Que amigo?- preguntou curiosa Loliña.
-EU!!!!- exclamou Ramón.
-Pero si eres unha froita!!!- riuse a abelliña Loliña.
-Ti tamén podes ser amiga da froita.-contestoulle Ramón.
-Ahh, si?- preguntou Loliña.
-Pois claro, vouche ensinar máis amigos.-dixolle Ramón.
A abelliña Loliña e o limón Ramón foron por un pequeno camiño de árbores ata chegaren a unha ábore xigante onde entraron. Dentro había un montón de froita. Todos xogaban xuntos: as mazás, as laranxas, os plátanos, as uvas, os amorodos…
-Onde estamos?- dixo Loliña.
-Na casa das froitas, aquí todos estamos xuntos coma amigos.- dixo Ramón.
-Eu tamén podo ser a vosa amiga?- preguntou a abelliña Loliña.
-Pois claro!!!- dixo o limón Ramón.
-Ben!!!Pois quedarei aquí convosco amigos!!!- exclamou contenta Loliña.
-Hola!!!Son o plátano Manuel e quero darche a benvida aquí.- dixo Manuel.
-Hola e eu son a mandarina Fina.- dixo Fina.
-Grazas a todos pola benvida!!! Sodes os mellores!!!- exclamou Loliña.
Así foi como a abelliña Loliña fíxose amiga das froitas e perdeu todo o medo que tiña a voar. Agora é unha abelliña moi valente e á que lle encantan as froitas.
AUTORA: MARTA TOUCEDA FERNÁNDEZ
loloña.jpg7077993-Fisgoneo-de-dibujos-animados-frutas-ilustraci-n--Foto-de-archivo.jpg

A abelliña Loliña e a piña Tareixa


A abelliña Loliña e a piña Tareixa eran as mellores amigas pero un día Loliña riuse de Tareixa porque non lle saira ben un pinchacarneiro e dende entón non se levaron tan ben coma antes.
Un día Tareixa díxolle que se viñera para practicar os pinchacarneiros e Loliña díxolle que non, que non podía. Pero Tareixa sabía que non quería porque non se lle daban tampouco nada ben as viravoltas. Outro día volveulle a preguntar e como non tiña escusa non tivo máis remedio que dicir que si. Como Tareixa era moi lista puxo unha cámara para gravala e cando acabaron díxolle: “Agora podemos quedar algúns días para practicar e a ver se aprendemos a facer as viravoltas, que che parece?
Loliña despois de ver como facía as viravoltas nunca máis volveu a rirse de Tareixa e volveron a ser as mellores amigas...aínda que non lle saíran os pinchacarneiros.
   Resultado de imagen de fotos de abejasResultado de imagen de fotos de piñas con carafinAutora: Elena López Chaves

xoves, 21 de abril de 2016

LOLIÑA VIAXA Á SELVA AMAZÓNICA

🐘Loliña viaxa: á selva amazónica      
A Loliña encántalle as froitas, polo que  investigou un pouco sobre elas. E deuse conta de que había moitas froitas que ela non coñecía. Por iso decidíu facer unha viaxe á..... ¡Selva amazónica! Pero ela non quería ir soa. Por iso falou coas súas amigas Marina "a mandarina" e Pepa "a pera". Marina e Pepa estaban encantadas de ir con Loliña (que viaxa moito), ademáis encontrarían moitas froitas descoñecidas para elas. Non o dubidaron máis e collerón o primeiro avión que as puidera achegar á selva. 
¡Que contentas estaban! Nada máis chegar alí foron directas á visita guiada, polo menos Marina e Pepa, Loliña separouse para ver o que ela buscaba, ¡FROITAS! Encontrou algunhas que enseguida buscou nos seus libros, por exemplo a anona branca e o camu camu. Mentras Pepa e Marina estaban vendo a  flora e a fauna. Loliña fotografou un montón de froitas que non coñecía, pero xa que estaba na selva quixo ver máis cousas como os animais e volveu xunto Pepa e Marina. Viron moitos, dende os máis pequenos ata os máis grandes,  coma o mono araña ou a formiga bala. Cando volveron ao seu hospedaxe, Loliña escribiu  un montón de información, tanta que escribiu máis de tres libretas cheas de cousas sobre a froita da selva amazónica. Loliña viu que tiña moita información e moi boa, por suposto, así que ocorreuselle escribir... ¡Un libro! Loliña viu máis cousas e seguiu apuntando antes de irse, ademáis de sacar moitas fotos, non só das froitas se non que tamén coas súas amiguiñas Marina e Pepa. 
Montaron no avión e cando chegaron a súa casa Loliña, Marina e Pepa contáronlle a todo o mundo o que viran e canto desfrutaran. Despóis Loliña comezóu a escribir no seu libro que foi bastante completo. Uns meses despois Loliña xa tiña o libro listo para publicar e para que o puidera leer todo o mundo. En canto ao libro chegou as librerías todo o mundo xa tiña un na man e Loliña púxose moi contenta de que houbera tanta xente que leera o seu libro que o titulou: “As intrigantes froitas: Da selva amazónica”. Pero… Non é o último libro de Loilña, xa que é unha colección, porque outra aventura agarda a Loliña. (Non a perdas)

    
   De: Lucía Vizcaya Domínguez
        
            Loliña viaxa…    

        á selva amazónica               

luns, 18 de abril de 2016

A princesa Mazalina

A PRINCESA MAZALINA


Nun castelo moi lonxano, había unha gran princesa chamada Mazalina. Ela era alta, coa pel clara e cun vestido amarelo e vermello cun lazo tamén vermello  no seu cabelo negro. A ela encantábanlle as mazás pero daba igual cales foran, as vermellas ou as verdes, a ela gustabanlles todas. Tiña unha amiga que tamén era a súa mascota, chamada Loliña. Era unha abella moi simpática e pequeniña.
Un día cansouse de estar no castelo todo o día encerrada e foise pola tarde coa súa abella ao bosque. Ela quería explorar máis alá das altas árbores porque  quería ser exploradora, pero tiña moito medo. Ese día fóronse coa merenda pero encontraron unha árbore con moitas mazás, e a Mazalina, como lle encantan, tivo que coller algunha. Despois sentáronse para comer ata que acabaron de comer.

A Loliña entroulle cansancio e como podía voar, voou arriba das árbores e foise ao castelo. A pobre Mazalina tivo que recoller todo e ir soa ao castelo. Ela estaba un pouca enfadada coa abella porque a deixara soa. Foise correndo antes de que caera a noite. De súpeto  viu algo, como un lago. Foise correndo e si, era un gran lago ,calleu un pouco desa auga para beber. Empezou a bebela e encantoulle e pensou que cada día podería vir a coller unha pouca. Chegou ao castelo e fíxose de noite. Estaba moi enfadada con Loliña, pero... pasaron unhas horas e xa volveron a xogar xuntas. Como colleron moitas mazás empezaron a comelas ata que se acabaron. Xuntas foron cada día a comer mazás e a beber desa auga.                            FIN!
AUTORA: UXÍA SIMIL FERNÁNDEZ

xoves, 14 de abril de 2016

AMORODOS NO XARDÍN

     A abelliña Loliña no xardín
Amanda era unha nena alta, boa e amable. Ela facía todo ben , se lle pedías que fixera o pino ela conseguíao de marabilla e con calquera cousa pasaba  o mesmo.O único malo dela era que detestaba a froita, calquera tipo de froita, fora laranxa, amorodo, piña…
Un día mentres que regaba as plantas do xardín e viu uns amorodos exclamou:
Resultado de imagen de dibujo coloreado de niña rubia  en el jardin
- ¡Uuuuggg! Amorodos no meu xardín, isto hai que esmagalo.
Loliña, unha abelliña que estaba recollendo pole nesa planta ao ver o pé case encima súa dixo:
-¡NOOOON!
-Que?Quen fala?-sobresaltouse Amanda que retirara o pé rapidamente ao escoitala.     
-Son eu a abelliña Loliña-contestou Loliña.
-Ah!,¡Non me deas eses sustos!-rifoulle Amanda.
-Pois ti non esmagues esta planta,non sabías que os amorodos son moi sans xa que teñen moitas vitaminas?-preguntou Loliña.
-Non, non o sabía pero...Todas as froitas teñen vitaminas?-dixo Amanda.
- Si e ademais…
Así foi como Loliña explicoulle un montón de curiosidades sobre a froita e conseguiu que Amanda as probase .¡Ademais encantáronlle !
-Amanda, agora encántanche as froitas, verdade?
-¡ SIIII ! Sobre todo este zume de laranxa.-exclamou toda contenta.
Resultado de imagen de dibujo coloreado de niña rubia  comiendo fruta

AUTORA: ELISA SANMARTÍN SANTOS

mércores, 13 de abril de 2016

Daniela e os amorodos.

Esta é a historia de Daniela, unha nena normal e corrente, que facía o mesmo que todos os nenos e nenas do seu colexio. Pero o que ten de diferente é que a ela encántalle a froita, sobre todo os amorodos, pero come de todo.
Foto de daniela e os amorodos.jpg
 Un día estaba na cociña da súa casa comendo seis ou sete amorodos, cando o seu pai gritoulle:
-Daniela baixa un momento!!
Ela baixou sen replicar, aínda que non lle dera tempo de darlle un bocadiño aos amorodos. Cando volveu, só lle quedaban tres amorodos. Preguntouse como podía ser iso cando, de súpeto escoitou:
-Hola Daniela!!! Sintoo moito, pero tiven que comer uns poucos porque non me podía aguantar - Dixo unha voz aguda.
-Hola… Quen fala?? - Preguntou insegura.
-Loliña, non me coñeces? Vivo contigo, na tua habitación - Contestou a abelliña Loliña.
-Non sei quen eres pero se queres froita só tes que dicirmo - Díxolle Daniela.

IMAG1916_1.jpg
A abelliña Loliña
As dúas foron xuntas ao froiteiro e comeron mazá, mandarina, amorodos, sandía… Probaron un pouco de cada froita que había na neveira. As dúas pasárono xenial!! Cando o seu pai decatouse de que a nena comía tanta froita decidiu abrir unha froitaría. Daniela púxose moi contenta cando lle contou a noticia e dende aquela todas as tardes, a abelliña Loliña vai a xunto a nena para poder ir xuntas a comprar froita fresca na tenda seu pai.

AUTORA: ELENA SAMPEDRO CASTRO