Un día estaba na cociña da súa casa comendo seis ou sete amorodos, cando o seu pai gritoulle:
-Daniela baixa un momento!!
Ela baixou sen replicar, aínda que non lle dera tempo de darlle un bocadiño aos amorodos. Cando volveu, só lle quedaban tres amorodos. Preguntouse como podía ser iso cando, de súpeto escoitou:
-Hola Daniela!!! Sintoo moito, pero tiven que comer uns poucos porque non me podía aguantar - Dixo unha voz aguda.
-Hola… Quen fala?? - Preguntou insegura.
-Loliña, non me coñeces? Vivo contigo, na tua habitación - Contestou a abelliña Loliña.
-Non sei quen eres pero se queres froita só tes que dicirmo - Díxolle Daniela.
| A abelliña Loliña |
AUTORA: ELENA SAMPEDRO CASTRO
1 comentario:
Que interesante!!!
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.