venres, 22 de abril de 2016

A abelliña Loliña e a piña Tareixa


A abelliña Loliña e a piña Tareixa eran as mellores amigas pero un día Loliña riuse de Tareixa porque non lle saira ben un pinchacarneiro e dende entón non se levaron tan ben coma antes.
Un día Tareixa díxolle que se viñera para practicar os pinchacarneiros e Loliña díxolle que non, que non podía. Pero Tareixa sabía que non quería porque non se lle daban tampouco nada ben as viravoltas. Outro día volveulle a preguntar e como non tiña escusa non tivo máis remedio que dicir que si. Como Tareixa era moi lista puxo unha cámara para gravala e cando acabaron díxolle: “Agora podemos quedar algúns días para practicar e a ver se aprendemos a facer as viravoltas, que che parece?
Loliña despois de ver como facía as viravoltas nunca máis volveu a rirse de Tareixa e volveron a ser as mellores amigas...aínda que non lle saíran os pinchacarneiros.
   Resultado de imagen de fotos de abejasResultado de imagen de fotos de piñas con carafinAutora: Elena López Chaves

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.