A abelliña Loliña e os seus novos amigos
Había unha vez unha abella que tivo abelliñas bebés. A unha delas chamouna Loliña, a outra Rosiña e a outra Pepiña. As tres abelliñas xogaban xuntas todos os días. Pasábano xenial.
Foi pasando o tempo e as abelliñas foron crecendo ata que chegou o día no que xa tiñan que voar. A todas lles daba moita pena deixar á súa nai e irse soas a voar. As dúas irmás de Loliña botáronse a voar con rapidez pero con pena. Loliña en cambio non quería voar.
-Teño moito medo a voar soa, mamá.- choromicaba a abelliña Loliña.
-Non hai nada que temer Loliña.- consolábaa a súa nai.
-Se me perdo ou me ocorre algo non sabrei que facer.- dicía Loliña.
-De todo aprenderás e seguro que fas novos amigos.- convencíaa súa nai.
-Bueno, saldrei a voar, mamá.- dicía (non moi segura) Loliña.
Entón a abelliña Loliña comezou a voar. Foise entre as árbores, entre as flores, entre os paxaros… Pero ela seguía bastante preocupada. Fíxose de noite e como estaba soa quedouse nunha flor a durmir.
Ao día seguinte a abelliña Loliña estaba convencida de que quería marchar pra súa casa.
Polo camiño alguén lle falou e Loliña quedou quieta.
-Ola, como te chamas?-dixo unha voz extraña.
-Chámome Loliña e ti quen es?- preguntou Loliña.
-Son o limón Ramón.- contestou o limón.
-Non che coñezo así que voume.- dixo a abelliña Loliña.
-Non te vaias, vinche ahí soa e quixen que tiveras un amigo.- dixo o limón Ramón.
-Que amigo?- preguntou curiosa Loliña.
-EU!!!!- exclamou Ramón.
-Pero si eres unha froita!!!- riuse a abelliña Loliña.
-Ti tamén podes ser amiga da froita.-contestoulle Ramón.
-Ahh, si?- preguntou Loliña.
-Pois claro, vouche ensinar máis amigos.-dixolle Ramón.
A abelliña Loliña e o limón Ramón foron por un pequeno camiño de árbores ata chegaren a unha ábore xigante onde entraron. Dentro había un montón de froita. Todos xogaban xuntos: as mazás, as laranxas, os plátanos, as uvas, os amorodos…
-Onde estamos?- dixo Loliña.
-Na casa das froitas, aquí todos estamos xuntos coma amigos.- dixo Ramón.
-Eu tamén podo ser a vosa amiga?- preguntou a abelliña Loliña.
-Pois claro!!!- dixo o limón Ramón.
-Ben!!!Pois quedarei aquí convosco amigos!!!- exclamou contenta Loliña.
-Hola!!!Son o plátano Manuel e quero darche a benvida aquí.- dixo Manuel.
-Hola e eu son a mandarina Fina.- dixo Fina.
-Grazas a todos pola benvida!!! Sodes os mellores!!!- exclamou Loliña.
Así foi como a abelliña Loliña fíxose amiga das froitas e perdeu todo o medo que tiña a voar. Agora é unha abelliña moi valente e á que lle encantan as froitas.
AUTORA: MARTA TOUCEDA FERNÁNDEZ
1 comentario:
Gustame moito espero que fagas outro .Animoo !!!
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.