A Loliña só lle gusta a froita, está todo o día a comer froita. Un día come plátano, outro día mandarina ,come de todo tipo de froitas. Todos os días vai coller froita ao supermercado, pero un día pensou que se plantara unhas árbores de froiteiras non tería que ir todos os días ao supermercado e sería moi divertido coller a froita da árbore. Entón decidiu ir comprar sementes para plantar. Cando acabou de plantar as árbores ,Loliña botou auga ás árbores e ao seguinte día foi a mirar que tal estaban as árbores e xa creceran moitísimo. Loliña colleu as froitas e zampounas e comprobou que estaban máis ricas cás do supermercado. Loliña afeccionouse a plantar árbores. Que divertido eh!?, dixo a abelliña. Seguirei disposta a plantar todas as árbores e o meu xardín será o mellor, con moito alimento e todos os animais quererán vir á miña horta.
Loliña tamén pensou que era xenial estar rodeada de froita rica e brillante. Loliña pensou que se facía unha froitaría na súa casa sería moito mellor porque Loliña ten moitos veciños cos que vai a froitaría todos os días entón así non terían que ir todos a froitaría. Loliña pensou moito e un día foi a comprar bolsas para a súa tenda e tamén cestos e comprou botes de cristal por que tamén ía vender zume de piña, laranxa... E...ata aquí chega o superconto de Loliña.
![]() |
| A froitaría de Loliña. A ver si sabedes todos os nomes das froitas que nela aparecen. |

1 comentario:
Moi ben Celiaaa !!!!!!
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.