xoves, 21 de abril de 2016

LOLIÑA VIAXA Á SELVA AMAZÓNICA

🐘Loliña viaxa: á selva amazónica      
A Loliña encántalle as froitas, polo que  investigou un pouco sobre elas. E deuse conta de que había moitas froitas que ela non coñecía. Por iso decidíu facer unha viaxe á..... ¡Selva amazónica! Pero ela non quería ir soa. Por iso falou coas súas amigas Marina "a mandarina" e Pepa "a pera". Marina e Pepa estaban encantadas de ir con Loliña (que viaxa moito), ademáis encontrarían moitas froitas descoñecidas para elas. Non o dubidaron máis e collerón o primeiro avión que as puidera achegar á selva. 
¡Que contentas estaban! Nada máis chegar alí foron directas á visita guiada, polo menos Marina e Pepa, Loliña separouse para ver o que ela buscaba, ¡FROITAS! Encontrou algunhas que enseguida buscou nos seus libros, por exemplo a anona branca e o camu camu. Mentras Pepa e Marina estaban vendo a  flora e a fauna. Loliña fotografou un montón de froitas que non coñecía, pero xa que estaba na selva quixo ver máis cousas como os animais e volveu xunto Pepa e Marina. Viron moitos, dende os máis pequenos ata os máis grandes,  coma o mono araña ou a formiga bala. Cando volveron ao seu hospedaxe, Loliña escribiu  un montón de información, tanta que escribiu máis de tres libretas cheas de cousas sobre a froita da selva amazónica. Loliña viu que tiña moita información e moi boa, por suposto, así que ocorreuselle escribir... ¡Un libro! Loliña viu máis cousas e seguiu apuntando antes de irse, ademáis de sacar moitas fotos, non só das froitas se non que tamén coas súas amiguiñas Marina e Pepa. 
Montaron no avión e cando chegaron a súa casa Loliña, Marina e Pepa contáronlle a todo o mundo o que viran e canto desfrutaran. Despóis Loliña comezóu a escribir no seu libro que foi bastante completo. Uns meses despois Loliña xa tiña o libro listo para publicar e para que o puidera leer todo o mundo. En canto ao libro chegou as librerías todo o mundo xa tiña un na man e Loliña púxose moi contenta de que houbera tanta xente que leera o seu libro que o titulou: “As intrigantes froitas: Da selva amazónica”. Pero… Non é o último libro de Loilña, xa que é unha colección, porque outra aventura agarda a Loliña. (Non a perdas)

    
   De: Lucía Vizcaya Domínguez
        
            Loliña viaxa…    

        á selva amazónica               

1 comentario:

Anónimo dixo...

Fou unhua viaxe xenial.

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.