luns, 18 de abril de 2016

A princesa Mazalina

A PRINCESA MAZALINA


Nun castelo moi lonxano, había unha gran princesa chamada Mazalina. Ela era alta, coa pel clara e cun vestido amarelo e vermello cun lazo tamén vermello  no seu cabelo negro. A ela encantábanlle as mazás pero daba igual cales foran, as vermellas ou as verdes, a ela gustabanlles todas. Tiña unha amiga que tamén era a súa mascota, chamada Loliña. Era unha abella moi simpática e pequeniña.
Un día cansouse de estar no castelo todo o día encerrada e foise pola tarde coa súa abella ao bosque. Ela quería explorar máis alá das altas árbores porque  quería ser exploradora, pero tiña moito medo. Ese día fóronse coa merenda pero encontraron unha árbore con moitas mazás, e a Mazalina, como lle encantan, tivo que coller algunha. Despois sentáronse para comer ata que acabaron de comer.

A Loliña entroulle cansancio e como podía voar, voou arriba das árbores e foise ao castelo. A pobre Mazalina tivo que recoller todo e ir soa ao castelo. Ela estaba un pouca enfadada coa abella porque a deixara soa. Foise correndo antes de que caera a noite. De súpeto  viu algo, como un lago. Foise correndo e si, era un gran lago ,calleu un pouco desa auga para beber. Empezou a bebela e encantoulle e pensou que cada día podería vir a coller unha pouca. Chegou ao castelo e fíxose de noite. Estaba moi enfadada con Loliña, pero... pasaron unhas horas e xa volveron a xogar xuntas. Como colleron moitas mazás empezaron a comelas ata que se acabaron. Xuntas foron cada día a comer mazás e a beber desa auga.                            FIN!
AUTORA: UXÍA SIMIL FERNÁNDEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.