"CUPCAKES" DE SANDÍA
Estes "cupcakes" son moi, pero que moi lixeiros e fresquiños.
Os pasos son os seguintes:
1.Primeiro corta a sandía en rodas grosas e utiliza un molde de galletas redondo para facer círculos.
2.Despois, fai un burato nun dos lados cun vaciador e éncheo de crema de queixo de cabra utilizando unha manga pasteleira (se o desexas, podes alixeirar a crema de queixo con leite).
3.Finalmente, coloca unha rodiña de pepino para decorar.
Nota:podemos chamar a esta receita "cunquiñas de sandía" utilizando o termo "cunca", como recipiente cóncavo en vez de "cupcakes".
1 comentario:
Ummmmm! Co que me gusta a min a sandía, xa teño receita para preparar este verán. Á miña familia seguro que tamén lle encantan.
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.