CREMA CON FROITA DO DRAGÓN
Ingredientes:
½ cunca de polpa de froita do dragón
½ cunca de azúcre
½ cunca de auga
2 claras de ovo
1 chisco de cremor tártaro
1 cunca de nata para montar
½ limón.
Preparación:
Comezamos facendo un almíbre coa auga e o azucre nun cazo ao lume.
Batemos as claras a punto de neve co crémor tártaro e ímoslle engadindo, aos poucos, o almíbre. Batemos ata que quede unha especie de merengue. Pasamos a polpa da froita do dragón pola batidora xunto con dúas culleradas do xugo do medio limón.
Agregamos esta mestura ao merengue. Por último engadimos a nata montada previamente. Vertemos nos moldes e deixamos na neveira unhas 4 horas.
Listo!!!!!! Está exquisito!!
Consellos:
Acompaña esta crema cunhas framboesas. O contraste de sabores será exquisito.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.