Delicioso peixe de froitasIngredientes:
Unha rebanda de pan
Framboesas
Arandos
Amorodos
Folliñas de verdura
Preparación:
Primeiro hai que cortar a rebanda de pan pola metade en forma de triángulo. A outra rebanda cortámola pola metade e poñémola xunto ca outra. Despois facemos unha cola de maneira redondeada e xuntámola co corpo do peixe. Agora cortamos os amorodos e vamos colocándoos polo corpo do peixe cara arriba menos o da cabeza que o poñemos boca abaixo. Colocamos un arando como ollo e os demais por encima do peixe coma se foran burbullas.
Por último colocamos unhas folliñas de verdura e as framboesas de fondo e... XA ESTÁ!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.