A abelliña Loliña no xardín
Amanda era unha nena alta, boa e amable. Ela facía todo ben , se lle pedías que fixera o pino ela conseguíao de marabilla e con calquera cousa pasaba o mesmo.O único malo dela era que detestaba a froita, calquera tipo de froita, fora laranxa, amorodo, piña…
Un día mentres que regaba as plantas do xardín e viu uns amorodos exclamou:
- ¡Uuuuggg! Amorodos no meu xardín, isto hai que esmagalo.
Loliña, unha abelliña que estaba recollendo pole nesa planta ao ver o pé case encima súa dixo:
-¡NOOOON!
-Que?Quen fala?-sobresaltouse Amanda que retirara o pé rapidamente ao escoitala.
-Son eu a abelliña Loliña-contestou Loliña.
-Ah!,¡Non me deas eses sustos!-rifoulle Amanda.
-Pois ti non esmagues esta planta,non sabías que os amorodos son moi sans xa que teñen moitas vitaminas?-preguntou Loliña.
-Non, non o sabía pero...Todas as froitas teñen vitaminas?-dixo Amanda.
- Si e ademais…
Así foi como Loliña explicoulle un montón de curiosidades sobre a froita e conseguiu que Amanda as probase .¡Ademais encantáronlle !
-Amanda, agora encántanche as froitas, verdade?
-¡ SIIII ! Sobre todo este zume de laranxa.-exclamou toda contenta.
AUTORA: ELISA SANMARTÍN SANTOS
1 comentario:
Menos mal que Amanda deuse conta do ricas que están as froitas!
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.