DELICIOSO PORCO ESPIÑO CON FROITA!!!Para facer esta divertida receita necesitamos unha pera,uvas, mondadentes e unha oliva. Para comezar necesitamos pelar media pera para deixala sen monda. Despois poñemos as uvas nos mondadentes para cubrir toda a parte da pera que ten pel, para deixar descuberta a parte pelada para despois poñer o nariz e os ollos. Cando teñamos todas as uvas postas, cortamos o pau que ten a pera para despois facer os ollos. Por último, cortamos a oliva pola metade e poñémola no estremo que sobresae da froita. Unha vez ben feitos estes pasos, deberías ter o teu delicioso porco espiño!!!
1 comentario:
Moi bonito, agora a comelo pero tende coidado coas pugas do porcoespiño!:)
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.