mércores, 15 de xuño de 2016

CURIOSIDADES SOBRE A FROITA



CURIOSIDADES  SOBRE  A  FROITA

Hoxe vouvos a dicir unhas curiosidades sobre a froita.

1. Mazá .

Sabias que as mazás flotan na auga porque están constituídas nun 25% por aire.

2. Banana dixestiva.

Unha vez inxeridas, as bananas teñen un efecto antiácido natural. Así que, a próxima vez que experimentes acidez, acode a esta froita!

3. Pura semente.
Os amorodos é a única froita que ten as sementes no seu exterior e, pode chegar a ter ata 200!

4. Moitas mazás.

Unha maceira pode chegar a producir ata 400 mazás por ano.

5. Recipiente de auga.
Hai moitos anos, as cascas de sandía eran utilizadas para transportar auga durante expedicións longas.

6. A froita favorita.

O mango é a froita máis elixida do mundo. E non só dentro da raza humana. Os chimpancés prefírena!

7. Unha bomba de vitamina C.

O kiwi contén o dobre de vitamina C da que posúe unha laranxa.

8. Prevención de aborto.

O consumo regular de froitas e verduras durante o embarazo pode diminuír os riscos de aborto espontáneo ata nun 50%.

9. Gran variedade.

Hai máis de 7 mil tipos de mazás diferentes ao redor do mundo.

10. A maduración da piña.

Podes acelerar a maduración da piña, dándoa volta. É dicir, apoiándoa sobre o extremo no que nacen as follas.

11. Gran desinfectante.

Polo seu alto contido de ácido, o limón pode matar bacterias. Por este motivo, representa un excelente desinfectante natural.

12. A primeira froita.
Máis dun horticultor sospeita que a banana foi a primeira froita en nacer sobre a face deste planeta.

13. Maior nutrición.

Varios estudos demostraron xa que o aguacate é a froita máis nutritiva do mundo.

14. Calcio froiteiro.

Media cunca de figos contén tanto calcio como media cunca de leite.

15. A orixe do azul mariño.

Tempo atrás, era o mollo de moura o que se empregaba para tinguir a roupa das tonalidades azul mariño e índigo.

16. A cor.

As froitas vermellas fortalecen a saúde cardíaca; as verdes, o sistema óseo, e as azuis e moradas, a memoria.

17. A identidade do tomate.

Contrariamente ao que a maioría da xente cre, o tomate NON é un vexetal, senón unha froita.


E ATA AQUI OS CONSELLOS ESPERO QUE VOS GUSTEN. ATA A PRÓXIMA





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.