Esta é a nosa bitácora, onde iremos anotando o que disfrutemos e aprendamos sobre o universo das froitas.
sábado, 2 de abril de 2016
COMO ESCOLLER UNS BOS PLÁTANOS.
Aqui vos ensino como non enganarse collendo no supermercado uns grans plátanos:
O plátano ten que estar lixeiramente verde, firme e sen mazaduras. Non deben escollerse aqueles que teñan unha cor grisácea e un aspecto apagado, pois é un sinal de que foron refrixerados antes, impedindo que maduren correctamente.
Para evitar que se poñan negros na neveira, corta medio limón e introdúceo nunha bolsa xunto aos plátanos, pechaa por completo, e déixaos dentro da neveira. O froito manterase firme e en perfecto estado para comer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.