Este testo colgante está elaborado con media casca de coco, máis natural non pode ser. Isto si que é aproveitar os recursos da natureza. Así que a próxima vez que abras un coco garda a casca e poderás crear testos colgantes orixinais. Agora vamos a facer está idea tan chula:
- Cando comas un coco gardao. Un día antes de usalo cortao á metade, limpao e deixao secar ao aire libre.
- O coco podes decoralo con pinturas, celo de cores, co que ti teñas e queiras.
- Tendes que facerlle dous buratos, un en cada lado. Cando xa os teñas ataos cunhas cordas.
- E por último temos que meterlle dentro o que ti queiras eu neste caso decidín poñerlle plantas e flores.
Eu púxeno na terraza para decorar e a verdade é que quedou moi ben.
Vémonos na próxima publicación.
CHAO : )
1 comentario:
Que bonito!!!
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.